Linguaxe visual

Conversa, de Arnold Lakhovsky. As obras pictóricas son elementos da linguaxe visual nas que un autor combina códigos (compositivos, cromáticos etc.), mensaxes (que poden ir desde moi esquemáticas e simples a complexas, metafóricas ou alegóricas), a canle (o propio soporte, a pintura) e varios destinatarios. En ocasións as mensaxes visuais poden ter tamén compoñentes metalingüísticos.
Comunicación visual de datos da utilización media relativa de IPv4.
Petróglifos de ovellas nun deserto en América

Linguaxe visual, do occitano Lenguatge (conxunto de linguas) e este do latín Lingua, (órgano do sistema dixestivo na cavidade bucal que usamos tamén para modular sons, e que por metonimia designou a fala e os idiomas); e de Vista do latín Visus e Videre, da raíz indoeuropea *weir, vinculada a coñecer[1], é a linguaxe que se establece a través de imaxes.

A creación dunha imaxe para comunicar unha idea presupón o uso dunha linguaxe visual. Considérase que, así­ como as persoas poden "verbalizar" o seu pensamento, elas poden "visualizar" o mesmo.

Na análise da "linguaxe visual", os elementos da linguaxe son delineados a través dos elementos de arte e principios de deseño. Un diagrama, un mapa e unha pintura son exemplos de usos da linguaxe visual. As súas unidades estruturais acostuman incluír:


A teoría da arte e do deseño son usadas para construír composicións visuais. Considérase que os elementos dunha imaxe representan conceptos espaciais, no plano ou nas tres dimensións, en lugar da forma linear usada para as palabras. A fala e a comunicación visual son medios paralelos e xeralmente interdependentes polos que o ser humano intercambia información.


A linguaxe visual obxectiva, a publicidade ou linguaxe visual publicitaria (ou comercial) e a linguaxe visual artística son tres vertentes da linguaxe visual que dependen do propósito para as que se empreguen.

O obxectivo da linguaxe publicitaria é informar, convencer ou vender, porque a mensaxe visual proposta é facilmente comprensible e capturada rapidamente.

Para os obxectivos da linguaxe visual artística, ver os artigos principais Arte [ Arte#'''Evolución histórica do concepto de arte''' ] e Tekné.

A linguaxe visual obxectiva tenta transmitir información para que poida ser interpretada por si mesma, sen precisar de explicacións. No caso máis obxectivo correspóndese cun código, unha relación de elementos visuais que conforman un sistema de signos que se combinan mediante regras que permiten formular, transmitir e comprender mensaxes, seguindo a definición de linguaxe.

A visualización dos datos e ilustración científica nas súas diversas vertentes son dous eidos da linguaxe visual obxectiva, porén a linguaxe visual tende en ocasións á variedade de interpretacións, de tal xeito que hai quen non considera propiamente unha linguaxe á comunicación visual, dado que as mensaxes poden non ser unívocas.

Os pictogramas son figuras esquemáticas desenvolvidas desde a antigüidade, xa desde as pinturas rupestres. Aínda que non é escritura, os primeiros signos escritos foron estilizacións e abstraccións desas figuras esquemáticas, coa dobre función de recursos representativo-descritivos (tamén como función ritual ou relixiosa), e un recurso mnemotécnico-identificador auxiliador da memoria.​ Posteriormente, estes símbolos mnemotécnicos, pasaron tamén a transmitir ideas, os chamados ideogramas. A primeira escritura considerada como tal, a escritura cuneiforme, é unha evolución de ideogramas.

Os pictogramas aínda se usan como o principal medio aproximado á comunicación escrita nalgunhas culturas non alfabetizadas de África, América e Oceanía. Tamén se usan a miúdo como símbolos pictóricos de representación pola maioría das culturas contemporáneas. Na primeira metade do século XX Gerd Arntz desenvolveu o sistema Isotype para establecer unha comunicación gráfica internacional.

  1. "Etimoloxía da raíz de "ver" en diversas linguas derivadas do indoeuropeo". 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search